viernes, 21 de marzo de 2014

O GOBERNO SANCIONA 110 MANIFESTANTES GALEGOS

AOS QUE RECLAMA 28.000 EUROS
Máis de cen persoas foron sancionadas en Galicia pola súa participación en manifestacións celebradas durante os anos 2012 e 2013 nas rúas do país. Concretamente, foron 110 os expedientes incoados e case 30.000 euros (28.164) os cartos reclamados polas devanditas sancións, o que supón unha media duns 256 euros por cada multado. Así se tira dos datos obtidos por eldiario.es das delegacións do Goberno, unhas cifras que indican que máis de 3.200 cidadáns foron sancionados no conxunto do Estado pola mesma razón, mentres que os cartos que se lles solicitan elévanse aos 587.432 euros.

Máis de cen persoas foron sancionadas en Galicia por participar en manifestacións; reclámanselles uns 30.000 euros Galicia é a sexta comunidade autónoma que rexistra maior número de expedientes entre xaneiro de 2012 e setembro de 2013, só superada por Madrid, Andalucía, Castilla-La Mancha, Valencia e Navarra, ao tempo que se sitúa tamén entre os primeiros postos en canto á contía das multas. (LEER TODO)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

No serán publicados los comentariosque contengan opiniones ofensivas o de mal gusto.