miércoles, 18 de septiembre de 2013

ACOSO A LOS MOVIMIENTOS SOCIALES

Queremos Galego, Contraminacción, a Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, Stop Desafiuzamentos ou diferentes asociacións de afectados polas preferentes. A lista de colectivos que reciben multas ou ameazas de sancións por participar en diferentes mobilizacións no país continúa aumentando. Todas coinciden en denunciar o "acoso" que sofren e non descartan levar a cabo accións conxuntas contra o que consideran unha "criminalización" dos movementos sociais en Galicia por parte da Delegación do Goberno.

A última en ser multada foi a plataforma Contraminacción, que agrupa diferentes colectivos contra a minería contaminante. A asociación ecoloxista Verdegaia, que foi quen solicitou o permiso para a manifestación, recibiu unha multa de 450 euros por supostos “destrozos coincidindo co paso do grupo polos locais afectados” e que incluirían diversas pintadas en locais comerciais e o lanzamento de dous botes de fume.

“Se os feitos se produciron diante dos axentes da policía, por que esta non actuou nese momento? Parécenos unha neglixencia pola súa parte, dificilmente crible tendo en conta o seu habitual exceso de celo nas manifestacións. Ou é que nos atribúen os feitos sen teren a certeza de que se produciron ese día e como froito da manifestación?”, pregúntase Nela Abella, da Plataforma pola Defensa de Corcoesto. “Se o que pretenden é que quedemos na casa vendo a tele en vez de mobilizarnos, que o vaian esquecendo”, engade esta activista, que anuncia un recurso á sanción. (LEER TODO)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

No serán publicados los comentariosque contengan opiniones ofensivas o de mal gusto.