NON ter fogar é unha das situacións máis duras polas que se pode pasar. Cun fogar a falla de produtos básicos é unha situación límite que podes ir trampeando máis mal que ben, buscando axuda aquí e alá. Pero se a isto súmaselle carecer dun fogar, o límite é infranqueable.
Convivir en sociedades onde é normal cruzarse con persoas sen teito é un fracaso do Estado, da sociedade e de cada un de nós. Por que o permitimos?
Nunha xornada sobre o senfogarismo comentouse como ás veces culpabilízase a estas persoas. Culpabilizar ás persoas sen recursos, ás desafiuzadas, ás desempregadas é moi perigoso. A miúdo escoitase dicir que son vagos e, se son estranxeiros, ademais, delincuentes.
As persoas sen fogar son persoas como nós ás que lles caeu encima unha cadea de desgrazas: rupturas familiares, ruínas... Non hai ninguén que viva na rúa porque queira. Cando preguntas a un neno que quere ser de maior, pode dicir futbolista, cociñeiro ou médico. Nunca dirá que desexa vivir na rúa, cunha esperanza de vida de 47 anos.
Para solucionar o problema, os albergues son só unha solución transitoria. O quid da cuestión está no mercado da vivenda. En facelo accesible a todos, como en Holanda, que ten un 30 % de vivenda pública para que a xente sen recursos poida acceder a elas a prezos máis baixos. En España non chega ao 2 %.
As palabras que máis escoitas ás persoas sen fogar son: respecto, convivencia, relacións humanas, dignidade, grazas... A súa situación é dramática: están soas, cos lazos familiares rotos, sen traballo e con problemas de saúde mental ou adiccións.
Unha persoa que viviu na rúa dez anos dicía que moitas veces as miran como se non foran humanos: queren loitar e saír da situación pero para logralo necesitan axuda, calor humano, que lles fagan sentir vivas.
En España cada catro días morre unha persoa sen fogar e moitas son vítimas de agresións. Outra persoa que recibiu axuda para saír desa situación e traballa como voluntario con ditas persoas, dixo: Necesitan recursos e que alguén se interese por elas (non só cartos). Axudáronme sen coñecerme, agora tócame a min.
JOAN RIBOT - Licenciado en Dereito
Publicado en : El Correo Gallego

No hay comentarios:
Publicar un comentario
No serán publicados los comentariosque contengan opiniones ofensivas o de mal gusto.