lunes, 10 de noviembre de 2014

Dúas familias do Ofimático coruñès

reciben a orde de desaloxo e piden axuda
Isabel López debe abandonar en días la vivienda en la que nació hace 73 años, y su vecina Pilar Santiago será la próxima 
Dúas das oito familias que aínda resisten nas súas vivendas da zona onde pretenden construír o proxecto de parque Ofimático da Coruña recibiron cadansúa orde de desaloxo con vinte días de prazo, polo que piden "axuda" ao resto de veciños e denuncian "violencia desde o Concello".

Aínda quedan cinco familias na marxe dereita da rúa Alfonso Molina, unha zona destinada a equipamentos, e outras tres no lado esquerdo, onde se construirán os edificios do proxecto.

Pilar Santiago, que é unha das afectadas, explicoulle a EFE que hai "dúas familias cunha orde de desaloxo dentro de vinte días", unha do lado esquerdo e outra do dereito, onde orixinalmente se ía "construír unha ponte, aínda que tras as modificacións non se sabe que se fará aí, pero o seu desaloxo é inminente".

"O Concello actúa cunha actitude violenta, non quere saber nada de nós e o único que pretende de aquí ás eleccións é desaloxarnos a todos. Non nos ofrecen aloxamento e non nos dan alternativas", subliñou. (LEER TODO)

LEER MÁS :
Un juez acepta el desalojo de vecinos para edificar una gran urbanización

No hay comentarios:

Publicar un comentario

No serán publicados los comentariosque contengan opiniones ofensivas o de mal gusto.